Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

viernes, 25 de marzo de 2011

Cousas de maiores

Pepa dixo: "vaia! CORPOS ESPACIAIS..."
E nós pensamos:
"que di? isto é unha PIRÁMIDE e isto outro é un CUBO.
Pero algo me di,
que o que fixen non se sostén..."

- "Pois iso!". Repetiu Pepa: "son corpos espaciais... non NAVES ESPACIAIS, que son cousas diferentes"

Facer os cubos foi cousa fina: 


E non sobrou ningunha axuda: 


Das pirámides, xa, nin falamos: 

 Foi unha operación aeronáutica:


Entón, Martín volveu pensar: "si, bueno, para min pode ser unha CASA"


Siiiii!

Ai, que leria!

Proba con outras figuras!