Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

miércoles, 30 de marzo de 2011

A toupiña e a CAMOMILA

Esta semana vimos un video moi longo, pero tremendamente interesante.
O resumo é que o amigo da toupiña (ratiño) enfermou e o remedio é a CAMOMILA (flor da que se fai a manzanilla). A toupiña percorre o MUNDO ENTEIRO na procura da pranta, sen atopala.
Regresa a casa moi triste, e o moucho (sabio) indícalle que sempre estivera ao lado da súa casa...

BANCOS DE PEIXES

Nestes días non deixamos de falar do MAR,
e como os máis pequenos non puideron visitar o ACUARIO de A CORUÑA,
pensamos que estaría ben que tiveran o seu propio "CACHIÑO DE OCÉANO"

pintamos moreas de peixes entre todos:


Os de 5 puxemos ALGAS MARIÑAS
Os de 4 decoramos ROCHAS

Os de 3 ANOS puxemos bancos de peixes,
non sen antes experimentar que é un BANCO DE PEIXES:

"Eramos tiburóns e sempre seguiamos ao LIDER"

No mural tiñamos que fixarnos no sentido en que ían os peixes para non equivocarnos de BANCO...








Foi un BO traballo en equipo: