Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

Mostrando entradas con la etiqueta 5anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5anos. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de junio de 2011

Saída polo contorno próximo

Este ano puidemos realizar, maila choiva, que nos deu unha tregua, a saída a Asociación do cabalo galego, onde o pasamos xenial!!!

AS CORTES

A NORIA

A EXHIBICIÓN

A COMUNICACIÓN

ALUCINA!

MUSEO

MUSEO

Logo tamén visitamos o centro de capacitación agraria, onde nos amosaron unha granxa de cuchos:

Ademai, demos un laaargo paseo pola zona: vimos ocas, escoitamos ao paxaro pimpín,...

E mesmo, puidemos contemplar un plano da zona!


domingo, 8 de mayo de 2011

Plantando

 Quitar a pranta de FABA do VASO non é unha tarefa sinxela, as RAÍCES agarraron BEN!


Agardamos a QUENDA, mentres conversamos....


IMOS PRANTANDO a MODIÑO, no noso HORTO particular, no XARDÍN DE AROMÁTICAS, que protexen dos insectos e animais MALIGNOS para as nosas FABAS...




Finalmente REGAMOS todo moi BEN e poñemos uns PAUS altos para que as prantiñas, cando MEDREN, poidan crecer DEREITAS, ben agarradas aos PAUS:
 

Xa veremos o que pasa!

A 1ª ficha do noso HERBARIO

A última semana de ABRIL puidemos empezar o noso HERBARIO.
Empezar algo non é fácil, tiñamos que pensar por que tipo de pranta queriamos iniciar o noso herbario e falar das propiedades das súas follas..., poñer NOME a pranta é o primeiro paso

Unha vez que decidimos o que queremos poñer de cada pranta, empezamos a ESCRIBIR, cousa nada fácil:



Con paciencia e ilusión, logramos rematar a 1ª ficha do noso herbario...


AQUI VAN DOUS EXEMPLOS:

XERMINANDO

Unha semana antes de Semana Santa, sementamos FABAS (mira entradas anteriores).
As/Os de 3 anos deixamos nunha sementeira as nosas fabas: levamos unha enorme sorpresa despois das vacacións!

Os maiores (de 4 e 5 anos) levamos para casa o vaso coa nosa faba, para coidala durante este tempo, pois non se podía secar o algodón.
A algúns non nos naceu nada, a outros apodreceunos a faba, pero á maioría logramos regresar con bos resultados á escola:





No caso das/os que non nos creceu nada, TAMPOUCO PASA NADA, na escola hai máis FABAS e podemos VOLVER A INTENTALO!!!!


lunes, 11 de abril de 2011

SEMENTANDO, día 1º

Esta semana iniciamos unha experiencia relacionada co CICLO VITAL dun ser vivo: A PRANTA.
Deste xeito imos ir descubrindo moitas cousas.

As/Os de 4 e 5 anos (coa escoita atenta das/os de 3, para estes "ananos" mañá temos preparada unha "sorpresa") empezamos HOXE (11-04-11) a observación do nacemento-crecemento-reprodución dunha FABA...

PRECISAMOS:
1 VASO
1 FABA
1 POUCO DE ALGODÓN
UNHAS GOTAS DE AUGA

O PROCESO DA NOSA EXPERIMENTACIÓN É:

1) Colocar o algodón no fondo do vaso (a modo de "cama").
2) Situar encima do algodón a faba (coma se fore o "noso particular bebé").
3) Botar algo de auga ata que queda ben empapado o algodón.
4) Deixar en lugar fresco e soleado.


(Vaites! Saíron todos homes... Aseguramos que as rapazas tamén fixeron esta experiencia, jeje).



Os nosos BEBÉS:



RESPECTA e COIDA ao INFANTE
E TERÁS ADULTAS/OS CHEOS DE FELICIDADE


Este foi o día 1º da/o nosa/o particular "filla/o".