HERBARIO: s.m. Colección de herbas e plantas secas colocadas entre papeis e ordenadas sistematicamente (Segundo o DICCIONARIO da RAG)
QUEREMOS FACER UN HERBARIO de PLANTAS AROMÁTICAS.
PARA ISTO PRECISAMOS:
1) FOLLAS DE PLANTAS AROMÁTICAS, CLARO!
2) XORNAIS VELLOS PARA SECAR AS FOLLAS FRESCAS.
3) UN XARDÍN CON MULTITUDE DE PRANTAS AROMÁTICAS... QUE TEMOS QUE COÑECER!!!
POUCO A POUCO IMOS IR RECOÑECENDO FORMAS, TAMAÑOS, PALABRAS E CANTIDADES.
OS PRIMEIROS PASOS:
A) Imos ao xardín e facemos tres cousas:
-Pescudar/Investigar/EXPLORAR na procura de INDICIOS para DESCUBRIR as prantas que hai:
-Empezamos cortando algúns paus secos (para axudar ás prantas a medrar mellor):
-Rematamos esta INVESTIGACIÓN recollendo algunhas follas ESPECÍFICAS (as que nos interesa, non calquera unha) para o noso herbario:

B) Xa na aula clasificamos as follas por tipos e empezamos a colocalas ordenadamente sobre dúas follas de xornal, para que sequen:


Doblamos as follas de xornal e pousamos un libro gordo enriba.
Dentro dun par (2) de días poderemos ver o resultado deste sistema de secado.