Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

miércoles, 6 de abril de 2011

RECOLECCIÓN DE FOLLAS AROMÁTICAS

HERBARIO: s.m. Colección de herbas e plantas secas colocadas entre papeis e ordenadas sistematicamente (Segundo o DICCIONARIO da RAG)
 
QUEREMOS FACER UN HERBARIO de PLANTAS AROMÁTICAS.
PARA ISTO PRECISAMOS:

1) FOLLAS DE PLANTAS AROMÁTICAS, CLARO!

2) XORNAIS VELLOS PARA SECAR AS FOLLAS FRESCAS.
3) UN XARDÍN CON MULTITUDE DE PRANTAS AROMÁTICAS... QUE TEMOS QUE COÑECER!!!


POUCO A POUCO IMOS IR RECOÑECENDO FORMAS, TAMAÑOS, PALABRAS E CANTIDADES.

OS PRIMEIROS PASOS:

A) Imos ao xardín e facemos tres cousas:
-Pescudar/Investigar/EXPLORAR na procura de INDICIOS para DESCUBRIR as prantas que hai:


-Empezamos cortando algúns paus secos (para axudar ás prantas a medrar mellor):
   

-Rematamos esta INVESTIGACIÓN recollendo algunhas follas ESPECÍFICAS (as que nos interesa, non calquera unha) para o noso herbario:
  

B) Xa na aula clasificamos as follas por tipos e empezamos a colocalas ordenadamente sobre dúas follas de xornal, para que sequen:


 

Doblamos as follas de xornal e pousamos un libro gordo enriba.
Dentro dun par (2) de días poderemos ver o resultado deste sistema de secado.















1 comentario:

  1. Disque hai que agardar algo máis a que sequen as nosas follas... A ver mañá!

    ResponderEliminar