Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de abril de 2011

Universo

Saímos de paseo a ver as estrelas.
Como bos astronautas: puxemos rumbo ao UNIVERSO EXTERIOR.

jueves, 17 de marzo de 2011

Estreliñas do universo infantil

POR DIANTE
POR DETRÁS

O importante de todo isto
é verse ben sabido
que este é un traballo, traballiño
polos pequenos e pequenas realizadiño.

Sombreiros de "Autor"

Coma sempre, as/os nais e pais non se fixeron de rogar e a resposta foi fabulosa.
Esta é a mostra dos realizados polo alumnado de Infantil:


CAMPAÍÑA PRIMAVERAL
O BARCO DE PLAYMOBIL

PIÑAS E PIÑÓNS

ARRE, CABALIÑO!


ARRE, CABALIÑO!
SOMBREIRO BRANCO DE CLAQUET

SOMBREIRO BRANCO DE CLAQUET
COELLIÑA, COELLIÑA

A VACA LEITEIRA

MARIQUITILLA

MARIQUITILLA
CO PAPAMÓBIL NA CABEZA

CO PAPAMÓBIL NA CABEZA


GRAZAS NAIS E PAIS

martes, 22 de febrero de 2011

ESTRELA, o disfraz

Este ano no Entroido imos ir de "NOITE ESTRELADA".
Mans á obra:

Ingredientes:

- 2 CARTULINAS.
- PAPEL BRILLANTE DE CORES.
- 1 BOLSA NEGRA DO LIXO.
- PEGAMENTO.
- TIXEIRA.
- GRAMPADORA.

Preparación:

1) Facemos as formas (dianteira e traseira) nas cartulinas, cun molde de estrela Na cara dianteira facemos un burato (máis ou menos centrado na estrela) onde situaremos a nosa cariña.
Recortamos as formas e unímolas con grampas.

2) O papel brillante cortámolo facendo trizas e clasificándoo por cores. Pegaremos os anacos na dianteira e traseira da estrela formada no punto anterior para que a estrela luza.

3) Na bolsa faremos tres  cortes, un para o cuello e outros dous para sacar os brazos.

En pleno proceso:

 Cortamos paleliños e as/os de 5 ANOS ata recortan a súa ESTRELA.







  
Decoramos a estrela cos paleliños de cores brillantes, cada quen como lle parece.