Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

viernes, 4 de marzo de 2011

A toupiña no entroido

Pois isto era a Toupiña que saiu do seu burato e atopouse con que había restos dunha festa de entroido: matasogras, tiras de papel de cores,... e unha carauta que lle ASUSTOU moito.
Cando se deu de conta de que era unha carauta escachaba coa risa.
Entón apareceu un CAN moi FURIOSO e quixo asustar á TOUPIÑA.
A toupiña para librarse do can asustouno coa carauta, pero do susto o can acabou no fondo dun pozo e púxose a chorar desconsoladamente.
A toupiña apenouse del e para sacalo tiroulle a carauta no fondo do pozo e este co MEDO saltou e saíu do pozo.
A toupiña tirou unha pedra á carauta para que caera e o CAN deuse de conta do engano.
ESCACHARON COA RISA OS DOUS.
DESDE AQUELA SON AMIGOS.

martes, 1 de marzo de 2011

O XOVES de EXCURSIÓN

Os de 4 e 5 anos imos de EXCURSIÓN.

Ir á CORUÑA non é cousa fácil, estar no autobús tanto tempo... a ver que pasa...


En A CORUÑA  imos VISITAR

O ACUARIO



O PLANETARIO