Pois isto era a Toupiña que saiu do seu burato e atopouse con que había restos dunha festa de entroido: matasogras, tiras de papel de cores,... e unha carauta que lle ASUSTOU moito.
Cando se deu de conta de que era unha carauta escachaba coa risa.
Entón apareceu un CAN moi FURIOSO e quixo asustar á TOUPIÑA.
A toupiña para librarse do can asustouno coa carauta, pero do susto o can acabou no fondo dun pozo e púxose a chorar desconsoladamente.
A toupiña apenouse del e para sacalo tiroulle a carauta no fondo do pozo e este co MEDO saltou e saíu do pozo.
A toupiña tirou unha pedra á carauta para que caera e o CAN deuse de conta do engano.
ESCACHARON COA RISA OS DOUS.
DESDE AQUELA SON AMIGOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario