Deste xeito imos ir descubrindo moitas cousas.
As/Os de 4 e 5 anos (coa escoita atenta das/os de 3, para estes "ananos" mañá temos preparada unha "sorpresa") empezamos HOXE (11-04-11) a observación do nacemento-crecemento-reprodución dunha FABA...
PRECISAMOS:
1 VASO
1 FABA
1 POUCO DE ALGODÓN
UNHAS GOTAS DE AUGA
O PROCESO DA NOSA EXPERIMENTACIÓN É:
1) Colocar o algodón no fondo do vaso (a modo de "cama").
2) Situar encima do algodón a faba (coma se fore o "noso particular bebé").
3) Botar algo de auga ata que queda ben empapado o algodón.
4) Deixar en lugar fresco e soleado.
(Vaites! Saíron todos homes... Aseguramos que as rapazas tamén fixeron esta experiencia, jeje).
Os nosos BEBÉS:
RESPECTA e COIDA ao INFANTE
E TERÁS ADULTAS/OS CHEOS DE FELICIDADE
Este foi o día 1º da/o nosa/o particular "filla/o".
No hay comentarios:
Publicar un comentario