Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

domingo, 8 de mayo de 2011

XERMINANDO

Unha semana antes de Semana Santa, sementamos FABAS (mira entradas anteriores).
As/Os de 3 anos deixamos nunha sementeira as nosas fabas: levamos unha enorme sorpresa despois das vacacións!

Os maiores (de 4 e 5 anos) levamos para casa o vaso coa nosa faba, para coidala durante este tempo, pois non se podía secar o algodón.
A algúns non nos naceu nada, a outros apodreceunos a faba, pero á maioría logramos regresar con bos resultados á escola:





No caso das/os que non nos creceu nada, TAMPOUCO PASA NADA, na escola hai máis FABAS e podemos VOLVER A INTENTALO!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario