Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

domingo, 8 de mayo de 2011

A BIBLIOTECA DAS/OS MAIORES

Durante o mes de MAIO contamos con CARMEN PEREIRA (profe de Secundaria)
que vai ser a nosa CONTACONTOS particular. O mércores 4 de MAIO estivo na biblioteca de PRIMARIA para presentarnos o espazo, ás nenas e nenos de 5 anos...


Ademais, contounos un CONTO marabilloso: DUÉRMETE TIGRITO!

Nós, na clase lle estamos a preparar unha SORPRESA!
Asi que non podo desvelar nada máis,
NON ME TIREDES DA LINGUA!


O próximo MÉRCORES imos visitar a BIBLIOTECA DE SECUNDARIA!

GRAZAS CARMEN!!!

2 comentarios:

  1. Hoxe escoitamos o conto de PINGÜINO, ... (cal era o nome?...), gustounos moito!! E aprendemos moitas cousas que non sabiamos aínda, e mira que nós sabemos cousas curiosas, eh!

    Bueno, non puidemos visitar a biblio de secundaria, a ver se para a semana... Senon, non pasa nada... Que escoitar contos gústanos igual!

    ResponderEliminar
  2. O 25 de maio visitamos a biblioteca de secundaria. Gustounos moito porque Carmen tiña preparada unha activiade na que debiamos INVESTIGAR!!!! Procuramos un puzle de Saturnino que se agochaba para cada un de nós, nunha estantería de libros da biblioteca.
    Grazas Carmen!

    ResponderEliminar