Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

lunes, 20 de junio de 2011

a charca

Por fin,
imos rematando de acondicionar a charca,

a ver se da tempo este ano de levar os nosos peixes á nosa CHARCA

RECOLECCIÓN DE XUDÍAS

Recordades que víramos xerminar, na primeira semana de MAIO as "fabas" (que resultaron ser XUDÍAS)?
Recordades que as/os nenas/os de 3 anos as deixamos na aula para velas crecer...
Pois ben, xa recollemos os primeiros froitos!!!

Logo de moitos mimos e abundante AUGA, púxose así de bonita!


Mirade!!!
Pouco a pouco recollimos algunhas xudías!!!



QUE RICAS VAN A ESTAR COCIDIÑAS CON PATACAS!!!


convite ás nenas e nenos novos do ano que ven

Para o curso que ven, virán nenos e nenas novos (de 3 anos e tamén unha nena de 5 anos).
Por este motivo pensamos que podía ser interesante convidalas/os a coñecer as aulas de infantil e ver algo do que facemos aqui.
Así que o convite consiste en que pais/nais e futuros alumnos que queiran, veñan o MARTES 21 de 12 a 14 horas a vernos ao cole!!
Nós ímoslles dar unha sorpresa, a ver que somos quen de facer!!!

De momento, preparamos algunha guirnalda...




E fixemos unhas pombas móbiles...



Como somos os anfitrións estamos a argallar un bonito convite!!

Saída polo contorno próximo

Este ano puidemos realizar, maila choiva, que nos deu unha tregua, a saída a Asociación do cabalo galego, onde o pasamos xenial!!!

AS CORTES

A NORIA

A EXHIBICIÓN

A COMUNICACIÓN

ALUCINA!

MUSEO

MUSEO

Logo tamén visitamos o centro de capacitación agraria, onde nos amosaron unha granxa de cuchos:

Ademai, demos un laaargo paseo pola zona: vimos ocas, escoitamos ao paxaro pimpín,...

E mesmo, puidemos contemplar un plano da zona!


granxa de pitos

As/Os nenas/os de tres anos fixemos unha granxa de pitiños entre todas/os.
Este foi o noso sinxelo resultado...

Pero, que proceso máis complexo!!!!

"Ai oh! non se lle aguanta o pico!"

"pois mira o meu, que chulo!"

"A ver, a ver..."

"Case o teño!"

"Ves? Este son eu dando de comer aos pitiños..."

Xogos Populares

Este ano, con motivo das Letras Galegas, que celebramos o 3 de xuño (aínda que sabemos que o día é o 19 de maio, eh!), pois ademais do festival, que estivo xenial! Xogamos:
RA INFANTIL

RA INFANTIL

ZANCOS INFANTÍS

BOLOS

CORDA

CORDA

CORDA

CORDA

CORDA

TIRO DE CORDA

ESTUPENDO!!

Visita do CRA

Como todos os anos o CPI. Antonio Orza Couto invitou ás aulas (unidades) do CRA que teñen nenos e nenas que van vir para 1º de primaria ao ano seguinte.
Pasamos unha mañá, de finais de MAIO, xuntos.
Este ano foi moi divertido, coñecémonos e compartimos ratos divertidos.
Primeiro vimos dous vídeos da TOUPIÑA, a nosa mascota:


Logo realizamos unha sesión de ballet (coa axuda de Bea, a profe de música) e cantamos o noso himno (poesía de Ramón):



Logo as/os nenas/os do CRA, animáronse e nos cantaron e recitaron:


Fomos un público excelente e aplaudimos ata non poder máis:


Descansamos e merendamos no patio e fomos ata o ximnasio, onde Divina nos contou unha historia que dramatizamos entre todos, estivo XENIAL!



 Entón, marchamos ao comedor, e a comida estaba de vicio!!!




De agasallo, para que non nos esquezan démoslles unha poliña de flores de LAVANDA.
GRAZAS por vir!!!!
ATA O ANO QUE VEN!!!