Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

martes, 21 de junio de 2011

QUERES?? CONVÍDOTE!! (1ª parte)

1) Entre as 10 e as 11,30 dispuxémonos a preparar os pinchos de froitas frescas (ou CARNOSAS) para nós e para as familias que nos ían visitar. Fixémolo en pequenos grupos....
Mirade, a profe Midón, estivo un anaco con nós, e botou unha man con isto, grazas!!!


 
"Para min esta"

"a ver, que froita me gusta máis, uf, isto non se inserta ben!"

A emoción era palpable!
Había mazá, pera de san Xoán, laranxa, melocorón, nectarina, piña, uva, cereixa, melón, sandía, kiwi,...

Tamén preparamos os FROITOS SECOS:
Puxemos nos pratos: anacardos crús, améndoas crúas, cacahuetes e noces...
E non todo está pelado!!!

2) Seguimos a preparar guirnaldas, esta vez, Bea, a profe de música, axudounos a facer e poñer máis, mirade que chulas!!! Grazas Bea!!!

O material é de refugallo!!!
(feito con revistas vellas)

Mentres, ían uns e viñan outros de facer o seu pincho de froitas para a merenda,
 na outra clase, tampouco paraban... as guirnaldas,...
...Facían decoración!!!


....Comprobaban que había xoguetes para todos!!! 

lunes, 20 de junio de 2011

PEIXES

Coidar duns PEIXES non é tarefa doada...
Hai que cambialos a miúdo, para que a auga non se emporque e poidan respirar...




E a comida dáselle a modiño e en pequenas doses

a charca

Por fin,
imos rematando de acondicionar a charca,

a ver se da tempo este ano de levar os nosos peixes á nosa CHARCA

RECOLECCIÓN DE XUDÍAS

Recordades que víramos xerminar, na primeira semana de MAIO as "fabas" (que resultaron ser XUDÍAS)?
Recordades que as/os nenas/os de 3 anos as deixamos na aula para velas crecer...
Pois ben, xa recollemos os primeiros froitos!!!

Logo de moitos mimos e abundante AUGA, púxose así de bonita!


Mirade!!!
Pouco a pouco recollimos algunhas xudías!!!



QUE RICAS VAN A ESTAR COCIDIÑAS CON PATACAS!!!


convite ás nenas e nenos novos do ano que ven

Para o curso que ven, virán nenos e nenas novos (de 3 anos e tamén unha nena de 5 anos).
Por este motivo pensamos que podía ser interesante convidalas/os a coñecer as aulas de infantil e ver algo do que facemos aqui.
Así que o convite consiste en que pais/nais e futuros alumnos que queiran, veñan o MARTES 21 de 12 a 14 horas a vernos ao cole!!
Nós ímoslles dar unha sorpresa, a ver que somos quen de facer!!!

De momento, preparamos algunha guirnalda...




E fixemos unhas pombas móbiles...



Como somos os anfitrións estamos a argallar un bonito convite!!

Saída polo contorno próximo

Este ano puidemos realizar, maila choiva, que nos deu unha tregua, a saída a Asociación do cabalo galego, onde o pasamos xenial!!!

AS CORTES

A NORIA

A EXHIBICIÓN

A COMUNICACIÓN

ALUCINA!

MUSEO

MUSEO

Logo tamén visitamos o centro de capacitación agraria, onde nos amosaron unha granxa de cuchos:

Ademai, demos un laaargo paseo pola zona: vimos ocas, escoitamos ao paxaro pimpín,...

E mesmo, puidemos contemplar un plano da zona!


granxa de pitos

As/Os nenas/os de tres anos fixemos unha granxa de pitiños entre todas/os.
Este foi o noso sinxelo resultado...

Pero, que proceso máis complexo!!!!

"Ai oh! non se lle aguanta o pico!"

"pois mira o meu, que chulo!"

"A ver, a ver..."

"Case o teño!"

"Ves? Este son eu dando de comer aos pitiños..."