Dentro do proxecto desta quincena "CEO e MAR" incluímos esta actividade,
o coidado de animais acuáticos...
o coidado de animais acuáticos...
Por iso temos tartarugas na aula:
Viven na TARTARUGUEIRA e cambiamos a AUGA todos os días,
porque a LAILA e a LUKI gústalles moito estar limpas.
De comer dámoslles un puñado de PIENSO e outro de GAMBAS.
HAI UNS COIDADOS QUE NON PODEMOS PASAR POR ALTO:
- Precisan AUGA.
- Unha TARTARUGUEIRA.
- Moito CARIÑO.
- ALIMENTO.
- Algo de SILENCIO.
Ate o de agora diferenciamos:
1- As TARTARUGAS MARIÑAS (BOBAS).
2 -As TARTARUGAS de AUGA DOCE (as nosas).
3 - As TARTARUGAS TERRESTRES.
Tamén estamos a observar que extrañan algo o lugar:
PODE ALGUÉN AXUDARNOS?
POR QUE ESTARÁN DÉBILES?
Gracias!
Creo que atopamos a solución á TRISTURA de LAILA e LUCKY, faltáballes a LUZ SOLAR.
ResponderEliminarNa clase de Fina parecen estar mellor.