Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

domingo, 8 de mayo de 2011

A 1ª ficha do noso HERBARIO

A última semana de ABRIL puidemos empezar o noso HERBARIO.
Empezar algo non é fácil, tiñamos que pensar por que tipo de pranta queriamos iniciar o noso herbario e falar das propiedades das súas follas..., poñer NOME a pranta é o primeiro paso

Unha vez que decidimos o que queremos poñer de cada pranta, empezamos a ESCRIBIR, cousa nada fácil:



Con paciencia e ilusión, logramos rematar a 1ª ficha do noso herbario...


AQUI VAN DOUS EXEMPLOS:

Secadoiro de follas aromáticas

As/Os de 4 anos tamén realizamos un exercizo de recolección e selección de follas aromáticas, e colocamos as follas en xornais para que sequen...

  
 


Este é o resultado: SABES DE QUE FOLLAS SE TRATA???
  

XERMINANDO

Unha semana antes de Semana Santa, sementamos FABAS (mira entradas anteriores).
As/Os de 3 anos deixamos nunha sementeira as nosas fabas: levamos unha enorme sorpresa despois das vacacións!

Os maiores (de 4 e 5 anos) levamos para casa o vaso coa nosa faba, para coidala durante este tempo, pois non se podía secar o algodón.
A algúns non nos naceu nada, a outros apodreceunos a faba, pero á maioría logramos regresar con bos resultados á escola:





No caso das/os que non nos creceu nada, TAMPOUCO PASA NADA, na escola hai máis FABAS e podemos VOLVER A INTENTALO!!!!


martes, 12 de abril de 2011

SEMENTANDO, día 1º (2ª Parte)

Esta é a SORPRESA!!!
Hoxe prantaron os de 3 anos!!!
Utilizamos unha XARDINEIRA,
SEMENTES DE XUDÍA,
TERRA
AUGA



A ver se vos gustan as fotos:




 (esta foi unha actividade dos pequerrechos da clase, pero os maiores non quedaron coas mans quetas...


Axudaron aos nosos "ananos" e "ananas" preferidas/os a contar a semente de Xudía (cada nena/o prantou DÚAS (2))...




AGORA TOCA AGARDAR...

(colgouse algo tarde, PERDÓN, porque o día hoxe foi longo)

lunes, 11 de abril de 2011

Despedíndonos das TARTARUGAS

Esta semana as tartarugas marchan para a súa nova casa... Pero de momento, cuidámolas nós.

Coma sempre: AGORA XA SABEMOS QUE CANDO A AUGA LEVA MOITO CLORO NON LLES VAI BEN A ELAS E TEMOS QUE DEIXALA REPOUSAR 24 HORAS (1 DÍA ENTEIRO):



ENTÓN PODEMOS USALA PARA BOTARLLES AUGA NOVA E LIMPA AS NOSAS TARTARUGAS.







NESTES DÍAS ANDAN ALGO PORCAS PORQUE ESTÁN A MUDALA PEL,
COUSA QUE FAN PORQUE CRECEN.

RECOLECTANDO 2ª PARTE

Xa van dous días que as/os de 4 anos imos recoller follas de PRANTAS AROMÁTICAS para o noso herbario.
Este foi un día intenso, porque no primeiro ía moita calor e... en fin:

Xa vedes, tal que foramos DORA EXPLORADORA fomos procurar tres tipos de HERBAS:

RUDA (nestas imaxes as nenas e neno de atrás):


LAVANDA


MELISA