Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

viernes, 4 de marzo de 2011

A toupiña no entroido

Pois isto era a Toupiña que saiu do seu burato e atopouse con que había restos dunha festa de entroido: matasogras, tiras de papel de cores,... e unha carauta que lle ASUSTOU moito.
Cando se deu de conta de que era unha carauta escachaba coa risa.
Entón apareceu un CAN moi FURIOSO e quixo asustar á TOUPIÑA.
A toupiña para librarse do can asustouno coa carauta, pero do susto o can acabou no fondo dun pozo e púxose a chorar desconsoladamente.
A toupiña apenouse del e para sacalo tiroulle a carauta no fondo do pozo e este co MEDO saltou e saíu do pozo.
A toupiña tirou unha pedra á carauta para que caera e o CAN deuse de conta do engano.
ESCACHARON COA RISA OS DOUS.
DESDE AQUELA SON AMIGOS.

martes, 1 de marzo de 2011

O XOVES de EXCURSIÓN

Os de 4 e 5 anos imos de EXCURSIÓN.

Ir á CORUÑA non é cousa fácil, estar no autobús tanto tempo... a ver que pasa...


En A CORUÑA  imos VISITAR

O ACUARIO



O PLANETARIO

sábado, 26 de febrero de 2011

As tartarugas na aula de Fina

Un día de limpeza da TARTARUGUEIRA:
Cambiamos a AUGA LIXADA por unha SEN CLORO:

DÁMOSLLES DE COMER:


Tomamos a decisión de cambialas á aula de fina por dous motivos:

- A LUZ SOLAR é DIRECTA e QUENTA MÁIS.
- ESTÁN coa MUDA da PEL e precisan calor.

Pensamos que por iso andaban algo "RARAS" estes días atrás.

A TOUPIÑA

Desenvolvemos un proxecto de convivencia a partir ds videos de krtek, a nosa particular TOUPIÑA.
Este é un dos videso de tantos que poñemos:



Esta actividade desenvolvémola INFANTIL e 1º CICLO de EP, todas as semanas.

(Intentaremos deixarvos un RESUMO para que poidades falar coas/os pequenas/os, a ver que recordan das historias da nosa toupiña).

En tempo da PODA

Aínda non rematou o INVERNO, polo que nos decidimos a facer a PODA das PRANTAS AROMÁTICAS do noso xardín:



E este é o resultado de algunha delas:

As propiedades medicinais e culinarias destas e outras das prantas que temos no noso xardín é algo que pretendemos ir descubrindo, e que vós (nais e pais) podedes ir falando e probando na casa.

martes, 22 de febrero de 2011

ESTRELA, o disfraz

Este ano no Entroido imos ir de "NOITE ESTRELADA".
Mans á obra:

Ingredientes:

- 2 CARTULINAS.
- PAPEL BRILLANTE DE CORES.
- 1 BOLSA NEGRA DO LIXO.
- PEGAMENTO.
- TIXEIRA.
- GRAMPADORA.

Preparación:

1) Facemos as formas (dianteira e traseira) nas cartulinas, cun molde de estrela Na cara dianteira facemos un burato (máis ou menos centrado na estrela) onde situaremos a nosa cariña.
Recortamos as formas e unímolas con grampas.

2) O papel brillante cortámolo facendo trizas e clasificándoo por cores. Pegaremos os anacos na dianteira e traseira da estrela formada no punto anterior para que a estrela luza.

3) Na bolsa faremos tres  cortes, un para o cuello e outros dous para sacar os brazos.

En pleno proceso:

 Cortamos paleliños e as/os de 5 ANOS ata recortan a súa ESTRELA.







  
Decoramos a estrela cos paleliños de cores brillantes, cada quen como lle parece.

lunes, 21 de febrero de 2011

HORA DE LER

Cando dicimos hora de LER non queremos dicir que as/os meniñas/os das nosas aulas lean coma nenas/os de 2º, queremos expresar o interese que poñen en coñecer os sucesos que acontecen nos CONTOS e o seu entusiasmo cando descubren que os sons que lles dicimos cando lles lemos un conto teñen "tradución na escrita" (nuns debuxos que ao fin e ao cabo, sempre se repiten cunha determinada lóxica).
ISTO SÍ QUE É LER.


Sempre estamos a dubidar de cal é o momento idóneo da/o nosa/o filla/o para LER.
O seguinte video danos algunhas chaves que poden axudar:



Agardamos que sexa do voso interese.