Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

viernes, 25 de marzo de 2011

Cousas de maiores

Pepa dixo: "vaia! CORPOS ESPACIAIS..."
E nós pensamos:
"que di? isto é unha PIRÁMIDE e isto outro é un CUBO.
Pero algo me di,
que o que fixen non se sostén..."

- "Pois iso!". Repetiu Pepa: "son corpos espaciais... non NAVES ESPACIAIS, que son cousas diferentes"

Facer os cubos foi cousa fina: 


E non sobrou ningunha axuda: 


Das pirámides, xa, nin falamos: 

 Foi unha operación aeronáutica:


Entón, Martín volveu pensar: "si, bueno, para min pode ser unha CASA"


Siiiii!

Ai, que leria!

Proba con outras figuras!

jueves, 17 de marzo de 2011

Viaxando

ESTABAMOS NERVIOSOS, PERO COMO NOS ACOMPAÑOU PEPA,
TODO SAÍU "PARA CHUPARSE LOS DEDOS"

Chegamos á CORUÑA...
Visitamos o ACUARIO
e máis o PLANETARIO
COMIMOS E BEBIMOS NO PARQUE

CANTAMOS NO AUTOBÚS DE REGRESO,
AQUELA QUE NOS ENSINOU A GUÍA DO ACUARIO:
"TIBURÓN, TIBURÓN!,
TIBURÓN A LA VISTA!
BAÑISTA, BAÑISTA!...

DORMÍMONOS DO CANSANZO                

E SACAMOS UNHA FOTO PARA O RECORDO!


Nesta ocasión queremos dar as grazas a Pepiña,
por nos acompañar nesta aventura!

Estreliñas do universo infantil

POR DIANTE
POR DETRÁS

O importante de todo isto
é verse ben sabido
que este é un traballo, traballiño
polos pequenos e pequenas realizadiño.

Sombreiros de "Autor"

Coma sempre, as/os nais e pais non se fixeron de rogar e a resposta foi fabulosa.
Esta é a mostra dos realizados polo alumnado de Infantil:


CAMPAÍÑA PRIMAVERAL
O BARCO DE PLAYMOBIL

PIÑAS E PIÑÓNS

ARRE, CABALIÑO!


ARRE, CABALIÑO!
SOMBREIRO BRANCO DE CLAQUET

SOMBREIRO BRANCO DE CLAQUET
COELLIÑA, COELLIÑA

A VACA LEITEIRA

MARIQUITILLA

MARIQUITILLA
CO PAPAMÓBIL NA CABEZA

CO PAPAMÓBIL NA CABEZA


GRAZAS NAIS E PAIS

viernes, 4 de marzo de 2011

A toupiña no entroido

Pois isto era a Toupiña que saiu do seu burato e atopouse con que había restos dunha festa de entroido: matasogras, tiras de papel de cores,... e unha carauta que lle ASUSTOU moito.
Cando se deu de conta de que era unha carauta escachaba coa risa.
Entón apareceu un CAN moi FURIOSO e quixo asustar á TOUPIÑA.
A toupiña para librarse do can asustouno coa carauta, pero do susto o can acabou no fondo dun pozo e púxose a chorar desconsoladamente.
A toupiña apenouse del e para sacalo tiroulle a carauta no fondo do pozo e este co MEDO saltou e saíu do pozo.
A toupiña tirou unha pedra á carauta para que caera e o CAN deuse de conta do engano.
ESCACHARON COA RISA OS DOUS.
DESDE AQUELA SON AMIGOS.

martes, 1 de marzo de 2011

O XOVES de EXCURSIÓN

Os de 4 e 5 anos imos de EXCURSIÓN.

Ir á CORUÑA non é cousa fácil, estar no autobús tanto tempo... a ver que pasa...


En A CORUÑA  imos VISITAR

O ACUARIO



O PLANETARIO

sábado, 26 de febrero de 2011

As tartarugas na aula de Fina

Un día de limpeza da TARTARUGUEIRA:
Cambiamos a AUGA LIXADA por unha SEN CLORO:

DÁMOSLLES DE COMER:


Tomamos a decisión de cambialas á aula de fina por dous motivos:

- A LUZ SOLAR é DIRECTA e QUENTA MÁIS.
- ESTÁN coa MUDA da PEL e precisan calor.

Pensamos que por iso andaban algo "RARAS" estes días atrás.