Infantil en O Forte

Trátase de compartir as nosas vivencias e poder así contribuír xuntas/os ao desenvolvemento das nosas cativas e cativos

martes, 12 de abril de 2011

SEMENTANDO, día 1º (2ª Parte)

Esta é a SORPRESA!!!
Hoxe prantaron os de 3 anos!!!
Utilizamos unha XARDINEIRA,
SEMENTES DE XUDÍA,
TERRA
AUGA



A ver se vos gustan as fotos:




 (esta foi unha actividade dos pequerrechos da clase, pero os maiores non quedaron coas mans quetas...


Axudaron aos nosos "ananos" e "ananas" preferidas/os a contar a semente de Xudía (cada nena/o prantou DÚAS (2))...




AGORA TOCA AGARDAR...

(colgouse algo tarde, PERDÓN, porque o día hoxe foi longo)

lunes, 11 de abril de 2011

Despedíndonos das TARTARUGAS

Esta semana as tartarugas marchan para a súa nova casa... Pero de momento, cuidámolas nós.

Coma sempre: AGORA XA SABEMOS QUE CANDO A AUGA LEVA MOITO CLORO NON LLES VAI BEN A ELAS E TEMOS QUE DEIXALA REPOUSAR 24 HORAS (1 DÍA ENTEIRO):



ENTÓN PODEMOS USALA PARA BOTARLLES AUGA NOVA E LIMPA AS NOSAS TARTARUGAS.







NESTES DÍAS ANDAN ALGO PORCAS PORQUE ESTÁN A MUDALA PEL,
COUSA QUE FAN PORQUE CRECEN.

RECOLECTANDO 2ª PARTE

Xa van dous días que as/os de 4 anos imos recoller follas de PRANTAS AROMÁTICAS para o noso herbario.
Este foi un día intenso, porque no primeiro ía moita calor e... en fin:

Xa vedes, tal que foramos DORA EXPLORADORA fomos procurar tres tipos de HERBAS:

RUDA (nestas imaxes as nenas e neno de atrás):


LAVANDA


MELISA

SEMENTANDO, día 1º

Esta semana iniciamos unha experiencia relacionada co CICLO VITAL dun ser vivo: A PRANTA.
Deste xeito imos ir descubrindo moitas cousas.

As/Os de 4 e 5 anos (coa escoita atenta das/os de 3, para estes "ananos" mañá temos preparada unha "sorpresa") empezamos HOXE (11-04-11) a observación do nacemento-crecemento-reprodución dunha FABA...

PRECISAMOS:
1 VASO
1 FABA
1 POUCO DE ALGODÓN
UNHAS GOTAS DE AUGA

O PROCESO DA NOSA EXPERIMENTACIÓN É:

1) Colocar o algodón no fondo do vaso (a modo de "cama").
2) Situar encima do algodón a faba (coma se fore o "noso particular bebé").
3) Botar algo de auga ata que queda ben empapado o algodón.
4) Deixar en lugar fresco e soleado.


(Vaites! Saíron todos homes... Aseguramos que as rapazas tamén fixeron esta experiencia, jeje).



Os nosos BEBÉS:



RESPECTA e COIDA ao INFANTE
E TERÁS ADULTAS/OS CHEOS DE FELICIDADE


Este foi o día 1º da/o nosa/o particular "filla/o".


miércoles, 6 de abril de 2011

OBRADOIRO MUSICAL

Levamos xa un tempiño experimentando...
agora andamos na procura de FORMAR UNHA ORQUESTRA...




RECUNCHO DO ORDENADOR

Estamos intentando utilizar máis as TIC porque parecen ser moi atraíntes para aprender
CAILLOU é a nosa primeira experiencia informática deste ano cos peques: