Como todos os anos o CPI. Antonio Orza Couto invitou ás aulas (unidades) do CRA que teñen nenos e nenas que van vir para 1º de primaria ao ano seguinte.
Pasamos unha mañá, de finais de MAIO, xuntos.
Este ano foi moi divertido, coñecémonos e compartimos ratos divertidos.
Primeiro vimos dous vídeos da TOUPIÑA, a nosa mascota:
Logo realizamos unha sesión de ballet (coa axuda de Bea, a profe de música) e cantamos o noso himno (poesía de Ramón):
Logo as/os nenas/os do CRA, animáronse e nos cantaron e recitaron:
Fomos un público excelente e aplaudimos ata non poder máis:
Descansamos e merendamos no patio e fomos ata o ximnasio, onde Divina nos contou unha historia que dramatizamos entre todos, estivo XENIAL!
Entón, marchamos ao comedor, e a comida estaba de vicio!!!
De agasallo, para que non nos esquezan démoslles unha poliña de flores de LAVANDA.
GRAZAS por vir!!!!
ATA O ANO QUE VEN!!!